Novedades
Un Día Natural en Garabullos
Visitas de achegamento
Visitas Escolares
Cumpreanos Natural
Natureza en Familia

Campamentos e Estadías en Garabullos
Campamentos de verán
Estadías de convivencia

Outras experiencias revoltosas

 

 

         Quen somos

 

 

 

    A Asociación Revolta Natural é unha entidade sen ánimo de lucro que pretende contaxiar un sentimento de paixón pola vida en harmonía coa natureza, para o que promovemos programas lúdicos e educativos e organizamos diferentes actividades no entorno natural no territorio da Reserva da Biosfera Terras do Miño, empregando como instalación principal Garabullos, un pequeno mundo aberto a todo o mundo.


Invitámoste a participar e colaborar:

-         Faite socio: poderás desenvolver o teu proxecto persoal co apoio loxístico, técnico e legal da Asociación.

-         Solicita o teu Bono Natural: gozarás de prestacións con grandes vantaxes económicas (terreos para horta ou xardín, actividades e aloxamento gratuítos, descontos preferentes noutros servizos...)

-         Fai a túa reserva: ven pasar un día ou organiza a túa estadía co colexio, coa asociación, coa familia... en Garabullos.

    Revolta Natural está integrada por persoas que temos interese en participar activamente no desenvolvemento dun modo de vida sustentable e fomentar a natureza como espazo vital de calidade, en conexión permanente coa natureza e emprendendo iniciativas sociais, culturais e económicas baseadas na cooperación e na conservación e promoción do medio natural.

 
    Revolta Natural basea as súas accións nos seguintes principios:

  • compromiso social: a través do noso labor perseguimos fomentar actitudes de participación activa e expresión crítica, xustiza, compromiso, tolerancia, respecto, responsabilidade, transparencia e finanzas éticas...
  • compromiso educativo: as accións desenvolvidas por esta entidade teñen unha finalidade educativa en si mesmas, baseada nunha metodoloxía de aprendizaxe de observación, experimentación e contacto coa natureza, cun ritmo adaptado ás necesidades, capacidades e intereses da persoa e do grupo, para contrinuir ao desenvolvemento integral da comunidade.
  • compromiso medioambiental: as actividades promovidas desde a asociación teñen como eixo a conservación e mellora do medio natural, procurando sensibilizar toda a poboación sobre a importancia e potencialidades que ten a natureza en todas as dimensións da vida.

 

 


 



Melloras nos servicios do Albergue mediante apoio obtido do Feder e axuda financiera da Unión Europea para unha instalación solar térmica.

logos INEGA

Proxectos de Equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2016, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020

INSTALACIÓN DA CALDEIRA DE BIOMASA NA ASOCIACIÓN REVOLTA NATURAL

CARTEL INEGA

 



A Rega 23 – Sistallo Cospeito - asociacion@revoltanatural.org - 600 03 49 07 - Contacto - Condicións