Novedades
Un Día Natural en Garabullos
Visitas de achegamento
Visitas Escolares
Cumpreanos Natural
Natureza en Familia

Campamentos e Estadías en Garabullos
Campamentos de verán
Estadías de convivencia

Outras experiencias revoltosas

Que facemos

 A nosa labor principal é contribuír a creación dun sentimento de conexión e paixón polo entorno natural, que favoreza o compromiso persoal e do grupo de cara a súa conservación e o aproveitamento dos seus recursos de xeito sostible.

Traballamos cunha metodoloxía baseada na naturalidade do aprendizaxe, seguindo a estela do proxecto garabullos, no que iniciamos esta nova andaina como asociación, coa pretensión de impulsar a participación comunitaria e dende a  que promovemos accións de divulgación, concienciación, formación, participación e desenvolvemento comunitario.

Valoramos a natureza como espazo e tempo de crecemento persoal, social e cultural e dinamizamos proxectos nos que desenvolvemos os nosos intereses, talentos, coñecementos e inquedanzas.

Amosamos as potencialidades do territorio da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”, se ben o noso centro principal de actividades son as instalacións de garabullos. No entorno máis próximo, priorizando o contacto co medio natural, organizamos programas lúdico-educativos para centros educativos, entidades sen ánimo de lucro e grupos familiares, así como xornadas temáticas, rutas, campamentos, cursos formativos sobre educación e medio ambiente….

Procuramos unha convivencia intensa co medio natural, realizando a maior parte das actividades ó aire libre e en pequenos grupos guiados por un monitor que propón experiencias e as dinamiza en función das idades, capacidades e intereses expresados dos participantes.

 


 



Melloras nos servicios do Albergue mediante apoio obtido do Feder e axuda financiera da Unión Europea para unha instalación solar térmica.

logos INEGA

Proxectos de Equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2016, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020

INSTALACIÓN DA CALDEIRA DE BIOMASA NA ASOCIACIÓN REVOLTA NATURAL

CARTEL INEGA

 



A Rega 23 – Sistallo Cospeito - asociacion@revoltanatural.org - 600 03 49 07 - Contacto - Condicións