Novedades
Un Día Natural en Garabullos
Visitas de achegamento
Visitas Escolares
Cumpreanos Natural
Natureza en Familia

Campamentos e Estadías en Garabullos
Campamentos de verán
Estadías de convivencia

Outras experiencias revoltosas

MANIFESTO da REVOLTA NATURAL

 

   Hoxe é un día especial. Hoxe gozamos da natureza, xogando e aprendendo. Queremos correr, berrar, mollarnos, botarnos na herba ó sol, rir e cantar, trepar, caernos, mirar ó ceo e coñecer o tacto da choiva e a luz do lóstrego, crear, imaxinar, achegarnos ós animais e ás prantas, arriscarnos, perder, gañar e superar medos e dificultades...

    Queremos que nos acompañedes e que gocedes connosco neste descubrimento, e que hoxe, aínda que soamente sexa un ratiño, aproveitedes para aprender dos máis pequenos e do contacto coa natureza. Pechade os ollos e explorade con todos os sentidos. Se estades atentos, escoitaredes os sorrisos compartidos.

     Graciñas.

     

 

A natureza é un libro sen palabras, cheo de emocións.

Un libro que nos ensina a través dos sentidos e das emocións o que esteamos dispostos a aprender.

Unha lectura que pon a proba a nosa motivación por unha aprendizaxe non contada, senón vivida.

           

            E para vivir esta experiencia de aprendizaxe, afastada das nosas costumes actuais, temos que ser libres e valentes para tocar, ulir, saborear, escoitar e mirar, sen medo a satisfacer a nosa curiosidade, coa oportunidade de superar as nosas limitacións e amosar as nosas capacidades e talentos.

            Reclamamos o dereito, de todos pero especialmente dos nenos e nenas, a aprender xogando na natureza, a ter o tempo e o espazo necesario para adestrar as habilidades e destrezas básicas, a equivocarse e volver a intentalo, a non ter xefes senón axudantes que guíen esta experiencia de descubrimento e crecemento persoal.

Hoxe aprenderemos xuntos a ser “revoltosos" cumprindo co noso código de conduta.


 



Melloras nos servicios do Albergue mediante apoio obtido do Feder e axuda financiera da Unión Europea para unha instalación solar térmica.

logos INEGA

Proxectos de Equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2016, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020

INSTALACIÓN DA CALDEIRA DE BIOMASA NA ASOCIACIÓN REVOLTA NATURAL

CARTEL INEGA

 



A Rega 23 – Sistallo Cospeito - asociacion@revoltanatural.org - 600 03 49 07 - Contacto - Condicións