Novedades
Un Día Natural en Garabullos
Visitas de achegamento
Visitas Escolares
Cumpreanos Natural
Natureza en Familia

Campamentos e Estadías en Garabullos
Campamentos de verán
Estadías de convivencia

Outras experiencias revoltosas

Onde o facemos

    Promovemos diferentes programas educativos e lúdicos que permitan a realización de actividades en contacto directo co medio natural, en todo o territorio galego, con especial atención á Reserva da Bissfera Terras do Miño.

 

As actividades son realizadas ó aire libre de xeito preferente, incorporando a meteoroloxía propia da nosa rexión como parte da riqueza que xenera as impresionantes paisaxes que gozamos en calquera época do ano: os bosques, prados, camiños, lagoas, ríos, montes...,  nos proporcionan os elementos que nos permiten coñecer a biodiversidade do territorio e dar valor emocional ás aprendizaxes adquiridas, facéndonos responsables da conservación dos espazos naturais.

       Empregamos as instalacións de Garabullos como local social e como base principal dalgunhas das nosas inciativas, de cara a garantir un lugar de encontro e refuxio nos momentos que así precisemos. Estas instalacións, ademáis, nos permiten atender as demandas de servizos de aloxamento e manutención, e ampliar os espazos de realización de actividades coa granxa, a horta e os bosques e prados propios.

  Periodicamente, a asociación organiza reunións e convivencias abertas a toda a poboación interesada e facemos uso desta nosa casa, na zona rural de Cospeito, no corazón da Terra Chá, restaurada con humildade, bo gusto e sen excesos nun entorno tranquilo e afastada de focos de contaminación acústica, lumínica e atmosférica.

 

Reunímonos participando nunha dinámica de lecer e traballo baseada na cooperación, na ecoloxía e na autosuficiencia, distanciándonos da dinámica consumista e dos espazos pechados, impersoais e individualizados.


   Achégate á Asociación Revolta Natural e poderás empregar as instalacións de Garabullos para desenvolver o teu proxecto ou actividades.


 



Melloras nos servicios do Albergue mediante apoio obtido do Feder e axuda financiera da Unión Europea para unha instalación solar térmica.

logos INEGA

Proxectos de Equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2016, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020

INSTALACIÓN DA CALDEIRA DE BIOMASA NA ASOCIACIÓN REVOLTA NATURAL

CARTEL INEGA

 



A Rega 23 – Sistallo Cospeito - asociacion@revoltanatural.org - 600 03 49 07 - Contacto - Condicións