Novedades
Un Día Natural en Garabullos
Visitas de achegamento
Visitas Escolares
Cumpreanos Natural
Natureza en Familia

Campamentos e Estadías en Garabullos
Campamentos de verán
Estadías de convivencia

Outras experiencias revoltosas

Estadías de convivencia

actividades   tarifas   reserva

Estadías de convivencia 

As estadías de convivencia dinamizadas por Revolta Natural en Garabullos son unha proposta para todo tipo de grupos organizados que queren pasar un tempo alegre en contacto coa natureza.

Queremos compartir un estilo de vida proporcionando experiencias que permitan disfrutar con intensidade do momento e potenciar os intereses persoais e talentos naturais dos participantes.

As actividades son escollidas polos participantes, presentándose propostas variadas que poidan ser de interese para o grupo, creando entre todos unha dinámica única durante a convivencia, aprendendo a compartir e autoxestionar o tempo de lecer e os propios coñecementos e intereses en comunidade.

As estadías completas son unha proposta integral, para que participantes e dinamizadores creen unha dinámica de grupo coa que poder gozar de todos os momentos.

Os acompañantes do grupo atenderán ós participantes nos tempos de comedor, sen actividade e a atención de incidencias que interfiran na dinámica normal do grupo.

       Se o grupo quere prescindir dos dinamizadores revoltosos, podedes crear o voso programa, solicitando presuposto no que combinamos os servizos do albergue coas actividades e programas que máis os interesen.


 



Melloras nos servicios do Albergue mediante apoio obtido do Feder e axuda financiera da Unión Europea para unha instalación solar térmica.

logos INEGA

Proxectos de Equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2016, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020

INSTALACIÓN DA CALDEIRA DE BIOMASA NA ASOCIACIÓN REVOLTA NATURAL

CARTEL INEGA

 



A Rega 23 – Sistallo Cospeito - asociacion@revoltanatural.org - 600 03 49 07 - Contacto - Condicións