Novedades
Un Día Natural en Garabullos
Visitas de achegamento
Visitas Escolares
Cumpreanos Natural
Natureza en Familia

Campamentos e Estadías en Garabullos
Campamentos de verán
Estadías de convivencia

Outras experiencias revoltosas

 Escola de educadores

 

Organizamos cursos formativos sobre diferentes temáticas vinculadas co desenvolvemento da Reserva nos ámbitos e coa tarefa educativa con infancia, xuventude, familias, terceira idade, discapacitados... e cunha metodoloxía participativa baseada en dinámicas de grupo que favorezan a interrelación entre os participantes e co medio.

O obxectivo destas xornadas é a formación prática en técnicas que melloren a efectividade do proceso educativo con diferentes colectivos, realizando dinámicas de grupo que garantan a asimilación de aprendizaxes. Traballaremos os aspectos clave na eficacia do proceso de ensinanza, como son:

o adestramento en habilidades sociais, como a escoita, a asertividade, a empatía, a toma de decisións, o autocontrol emocional, o exercicio de autoridade e a autoestima para crear a base dunha relación equilibrada entre educando e educador;

a práctica de técnicas de motivación;

o desenvolvemento da creatividade e a economía de recursos na organización de actividades;

a avaliación obxectiva;

o respecto aos ritmos e intereses de aprendizaxe individuais e colectivos;

a consideración de capacidades e limitacións dos educandos.

  Xornadas monográficas e Cursos de Monitor e Director de Tempo Libre en colaboración con:


 


 



Melloras nos servicios do Albergue mediante apoio obtido do Feder e axuda financiera da Unión Europea para unha instalación solar térmica.

logos INEGA

Proxectos de Equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2016, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020

INSTALACIÓN DA CALDEIRA DE BIOMASA NA ASOCIACIÓN REVOLTA NATURAL

CARTEL INEGA

 



A Rega 23 – Sistallo Cospeito - asociacion@revoltanatural.org - 600 03 49 07 - Contacto - Condicións