Novedades
Un Día Natural en Garabullos
Visitas de achegamento
Visitas Escolares
Cumpreanos Natural
Natureza en Familia

Campamentos e Estadías en Garabullos
Campamentos de verán
Estadías de convivencia

Outras experiencias revoltosas

                       reserva

CUMPREANOS NATURAL en Garabullos (ou non)!!!            

   Gustaríache celebrar o teu aniversario dun xeito diferente, xogando cos teus amigos e amigas xunto coa natureza, saboreando unha deliciosa merenda feita por ti e gozando do misterio da natureza?
 
     Escolle o programa  que máis te apeteza facer e pasa a tarde, en Garabullos ou donde ti queiras, co teu grupo de amigos en contacto directo coa natureza: xogos, diversión, disfraces, cancións...
 
      Ó chegar coñeceremos a historia que vai guiar o tempo de festa, nos ambientaremos para a misión escollida e, se estamos en Garabullos, nos achegaremos a coñecer ós animais da granxa, cos que poderemos xogar e que nos descubrirán o valor da natureza.
 
         E para repoñer as forzas despois da aventura, merenda natural e unha riquísma tarta.
 

  Cantos cumples?

segredos bosque

   

A "Meiga da Lagoa" necesita a vosa axuda. Debedes buscar as mensaxes polo bosque e atopar o conxuro que desenfeitizará ós seres máxicos da fraga. Todo ten a súa recompensa...

Recomendado para participantes entre 6 e 9 anos. Adaptable a outras idades

ginkana de la risa

 

   Ven co teu grupo de amigos e amigas e pasaremos unha tarde de risas poñendo a proba o inxenio, a velocidade, a lóxica, a superación, a cooperación... pero sobre todo, o bo humor.

 Recomendado para participantes entre 8 e 12 anos. Adaptable a outras idades

 

con las manos en la masa

 

   Deseña a túa propia merenda e entre todos cociñaremos, aprendendo a amasar o pan para as pizzas, escollendo os sabores dos batidos, decorando a tarta...

 Recomendado para participantes entre 4 e 9 anos. Adaptable a outras idades

 agility

   Ademais de visitalos poderemos pasar unha agradable velada compartindo xogos de habilidade, diversión e relaxación con todos os animais de Garabullos: cans, gatos, cabras, cabalos, coellos...

Adaptable a todas as idades

 

ataque e defensa

 O bosque é o lugar ideal para xogar a defender a bandeira: estratexia, traballo en equipo, asexo...

 Recomendado para participantes a partir dos 10 anos

Os programas de cumpreanos realízanse en xornada de tarde, a partir das 16:30 horas, cun máximo de 3 horas de actividade. A merenda finaliza a xornada.

Cada programa inclúe diversas actividades en torno á temática escollida, con ambientación e duración adaptadas ós intereses dos participantes. A visita de achegamento á granxa está incluída en todos os programas que se realizan en Garabullos.

   150 €/ grupo até 20 participantes. 

     Inclúe merenda natural (bocadillo a escoller e froita ou zumes), 1 monitor e 1 coordinador, material de actividades e seguros de RC e Accidentes.

     Traslados: 0.19 €/km (saída de Garabullos)

     Monitores Extra (recomendado 1 monitor cada 15 participantes): 65 €/monitor

     Complementos da merenda: refrescos, cafés, lambonadas, xeados ... Tarifa de cantina. Solicitar no momento da reserva.

    Tarta caseira: 15 € (até 20 racións)
 
    Opción de contratar outra actividade en paralelo para os pais. Solicitar orzamento.
 

    Quedará co grupo un adulto responsable que asuma a xestión de incidencias cos participantes, facéndose responsable da comunicación de alerxias. No caso de non querer quedar ningún adulto, será obrigatorio contratar a asistencia dun monitor que asuma esa responsabilidade e asinar as autorizacións pertinentes.


 



Melloras nos servicios do Albergue mediante apoio obtido do Feder e axuda financiera da Unión Europea para unha instalación solar térmica.

logos INEGA

Proxectos de Equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2016, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020

INSTALACIÓN DA CALDEIRA DE BIOMASA NA ASOCIACIÓN REVOLTA NATURAL

CARTEL INEGA

 



A Rega 23 – Sistallo Cospeito - asociacion@revoltanatural.org - 600 03 49 07 - Contacto - Condicións