Novedades
Un Día Natural en Garabullos
Visitas de achegamento
Visitas Escolares
Cumpreanos Natural
Natureza en Familia

Campamentos e Estadías en Garabullos
Campamentos de verán
Estadías de convivencia

Outras experiencias revoltosas

Contos para educar

  
   Con representacións teatrais participativas que fomentan a imaxinación e  a creatividade na busca de solucións ós dilemas que propoñen os personaxes, presentamos o patrimonio natural, cultural e histórico da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Os personaxes recorren diferentes lugares por todo territorio, empregan e consumen produtos autóctonos e participan das costumes sociais da poboación local.

    Coas historias que representamos queremos:
       - fortalecer o sentemento de pertenza ó territorio
     - divulgar e promover un compromiso activo coa conservación da biodiversidade e o desenvolvemento comunitario
       - servir de apoio para aprendizaxe de condutas a prol do benestar do entorno e da persoa, educando en valores, fundamentalmente, no marco da educación medioambiental, da educación para a saúde e da educación en valores.

   Logo da representación do conto, propoñemos actividades que reforcen a asimilación das aprendizaxes ofrecidas durante a narración, traballando en pequenos grupos de cara a facilitar e dar valor á participación dos alumnos/as.

 - A Terra da Auga: os personaxes fan un recorrido pola chaira luguesa buscando a solución ós problemas que ameazan a vida natural na comarca, pedindo axuda en diferentes lugares e escoitando a singulares veciños. Ó remate da representación, os participantes realizan actividades complementarias de asimilación ou xogos que reforcen a aprendizaxe.

A Terra da Auga Contacontos
(45 min. aprox.)
 
Actividades
(grupos até 50 participantes-
45 min.aprox.)
400 € 70 €/grupo

 - Pit e o castiñeiro: é unha historia que integra a conservación dos bosques coa festa do magosto, co propósito de dinamizar e contextualizar as celebracións desta festa tradicional. Valéndonos do soporte lúdico, pretendemos suscitar unha reflexión máis profunda sobre a necesidade de comprometerse na conservación da natureza  de cara a poder conservar o valor das nosas fragas e a maxia do magosto.

Pit e o castiñeiro Contacontos Magosto
(grupo mínimo 30 participantes)
400 € 2 €/part


 



Melloras nos servicios do Albergue mediante apoio obtido do Feder e axuda financiera da Unión Europea para unha instalación solar térmica.

logos INEGA

Proxectos de Equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2016, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020

INSTALACIÓN DA CALDEIRA DE BIOMASA NA ASOCIACIÓN REVOLTA NATURAL

CARTEL INEGA

 



A Rega 23 – Sistallo Cospeito - asociacion@revoltanatural.org - 600 03 49 07 - Contacto - Condicións