Novedades
Un Día Natural en Garabullos
Visitas de achegamento
Visitas Escolares
Cumpreanos Natural
Natureza en Familia

Campamentos e Estadías en Garabullos
Campamentos de verán
Estadías de convivencia

Outras experiencias revoltosas

CAMPAMENTOS de VERÁN 

en GARABULLOS

   
Garabullos é un lugar máxico no corazón de Galiza, en plena Reserva da Biosfera Terras do Miño, rodeados de natureza silvestre autóctona e unha contorna rural de tadición agrícola e gandeira. Un pequeno albergue nunha finca con granxa e horta educativas, sostibles e comunitarias, onde convivimos con persoas chegadas doutros paises coas que intercambiamos habilidades lingüísticas, coñecementos e valores das nosas culturas, cos que establecemos unha relación de amizade que nos permitirá viaxar polo mundo.

     Ven a Garabullos en Agosto!!!

Ampliamos unha semana!!!! Do 6 ó 13 de agosto

   O Campamento Revoltoso é unha semana de diversión en contacto coa natureza para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos*

   Un campamento no que o grupo decide que facer, a que xogar e como organizar o tempo de diversión, desfrutando da convivencia divertida e respectuosa cos elementos naturais da contorna de Garabullos (Sistallo, Cospeito, Lugo) e en pequeno grupo mixto en idades.

    En Revolta Natural cremos que os tempos de vacacións, especialmente o dos nenos e nenas, deben ser tempos nos que poder descansar, divertirse y desenvolverse elixindo as actividades e autoxestionando o tempo.

 
  A convivencia con iguais e a natureza bríndannos a oportunidade de aprender valores para a participación comunitaria, para o desenvolvemento sostible, para a autonomía persoal, para o desenvolvemento de capacidades e talentos,...

   Un campamento é unha experiencia imborrable, que nos permite crear unha micro sociedade e establecer vínculos afectivos coñecendo as nosas fortalezas para poñelas ao servizo do grupo e as nosas debilidades para superalas con acompañamento emocional. Unha experiencia única que reforza a autoestima e a iniciativa persoal.
   

 

Antes do 25 de xuño !!!!!!

 

* Poderase valorar a participantes doutras idades.


 



Melloras nos servicios do Albergue mediante apoio obtido do Feder e axuda financiera da Unión Europea para unha instalación solar térmica.

logos INEGA

Proxectos de Equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2016, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020

INSTALACIÓN DA CALDEIRA DE BIOMASA NA ASOCIACIÓN REVOLTA NATURAL

CARTEL INEGA

 



A Rega 23 – Sistallo Cospeito - asociacion@revoltanatural.org - 600 03 49 07 - Contacto - Condicións