Novedades
Un Día Natural en Garabullos
Visitas de achegamento
Visitas Escolares
Cumpreanos Natural
Natureza en Familia

Campamentos e Estadías en Garabullos
Campamentos de verán
Estadías de convivencia

Outras experiencias revoltosas


Visitas escolares a Garabullos

                 Pasar un día en Garabullos coa Revolta Natural vai mais aló de saír da aula para pasar o día de excursión.

                 Queremos que esta experiencia serva para espertar nos participantes e os seus acompañantes un sentimento de conexión coa natureza que serva de base para querer aprender con ela, nela, dela..., que coñezan a cultura do rural galego e que gañen en saúde facendo deporte ó aire libre e comendo sán.

                Propoñemos varios programas para os diferentes ciclos, deseñados para facilitar a organización do Día en Garabullos, con actividades pechadas e tarifas axustadas ó máximo para poder contar con profesionais da educación especialistas en natureza e tempo libre.

       


Organización da xornada

                 Dámosvos á benvida a Garabullos cun conto teatralizado e/ou participativo, a través do que poderedes coñecer a maxia do lugar e preparar a mente e o corpo para unha experiencia de crecemento persoal a través do contacto coa natureza.

                A xornada en Garabullos inclúe sempre un tempo de achegamento ós animais da granxa, no que nos presentamos como visitantes e observamos as súas costumes e o seu modo de vida en Garabullos. Xogamos con eles e nos implicamos no seu coidado, limpeza e alimentación, coñecendo as súas necesidades e os usos dos produtos que nos proporcionan.. Aprendemos valores de respecto, autoridade, amizade....,  observando as súas relacións naturais como exemplo de convivencia e naturalización das relacións.

                 Para o resto do día, propoñemos actividades didácticas, lúdicas e especiais que complementen os intereses curriculares da escola e brinden ós participantes un tempo de autocoñecemento e descubrimento das potencialidades lúdicas e educativas do entorno natural.

                As actividades están presentadas, guiadas e animadas polos educadores “revoltosos”, que acompañan ó grupo para axudarlles a descubrir, a sentir, a coñecer..., respectando ós ritmos creados segundo as necesidades dos participantes.

                 Organizámonos en pequenos grupos, de cara a facilitar a participación e ser respectuosos coa contorna, para realizar as actividades temáticas. esconditeoutonoReservamos parte do tempo para a convivencia do grupo enteiro con xogos, danzas, cancións...

                Todas as actividades realízanse en contacto directo coa natureza, onde a climatoloxía é un factor decisivo e determiñante da paisaxe que debe ser valorada e asumida como inherente á realización das actividades de Revolta Natural e en Garabullos.


Insistimos na necesidade de vir convenientemente equipados para poder realizar as actividades ó aire libre (chuvasqueiro e botas de auga IMPERMEABLES; incluso calcetíns e outra roupa de recambio).

      Se ademais das actividades queres contratar o servizo de comedor, acompañamento, transporte ou aloxamento consulta o enlace de servizos complementarios


 



Melloras nos servicios do Albergue mediante apoio obtido do Feder e axuda financiera da Unión Europea para unha instalación solar térmica.

logos INEGA

Proxectos de Equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2016, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020

INSTALACIÓN DA CALDEIRA DE BIOMASA NA ASOCIACIÓN REVOLTA NATURAL

CARTEL INEGA

 



A Rega 23 – Sistallo Cospeito - asociacion@revoltanatural.org - 600 03 49 07 - Contacto - Condicións