Novedades
Un Día Natural en Garabullos
Visitas de achegamento
Visitas Escolares
Cumpreanos Natural
Natureza en Familia

Campamentos e Estadías en Garabullos
Campamentos de verán
Estadías de convivencia

Outras experiencias revoltosas

Un día en Garabullos

Facendo uso das instalacións cedidas por Garabullos como centro de encontro e refuxio, propoñémosvos vivir experiencias intensas ó aire libre, organizándonos en pequenos grupos para que na dinámica das actividades se poidan integrar, valorar e potenciar os intereses e capacidades de cada un dos participantes, así como o ritmo natural do grupo.

       


Queremos achegar a natureza da 
Reserva da Biosfera “Terras do Miño” a canta xente queira coñecela e vivila con intensidade. O fin último da nosa intervención lúdico-educativa é contaxiarvos o noso sentimento de paixón pola vida en contacto directo co entorno natural, amosándovos os beneficios dunha relación natural baseada no respecto e no aproveitamento mutuo entre todos os elementos da natureza para poder satisfacer as necesidades do ser humano e do resto dos habitantes do noso planeta.

A programación final da xornada ou estadía estará determinada polos intereses expresados e os ritmos marcados polos participantes no momento da súa realización.

Achegádevos a Garabullos co voso centro educativo, coa familia ou os amigos.

Vivide un día ou varios días en contacto directo coa natureza en ...

Garabullos, un pequeno mundo aberto a todo o mundo.


 



Melloras nos servicios do Albergue mediante apoio obtido do Feder e axuda financiera da Unión Europea para unha instalación solar térmica.

logos INEGA

Proxectos de Equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2016, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020

INSTALACIÓN DA CALDEIRA DE BIOMASA NA ASOCIACIÓN REVOLTA NATURAL

CARTEL INEGA

 



A Rega 23 – Sistallo Cospeito - asociacion@revoltanatural.org - 600 03 49 07 - Contacto - Condicións