Novedades
Un Día Natural en Garabullos
Visitas de achegamento
Visitas Escolares
Cumpreanos Natural
Natureza en Familia

Campamentos e Estadías en Garabullos
Campamentos de verán
Estadías de convivencia

Outras experiencias revoltosas

Encontros de interacción social

Os asociados e asociadas de Revolta Natural, atendendo ó compromiso social da entidade, traballamos na organización de eventos socio-culturais que servan ó propósito de dinamizar o tecido social do territorio da Reserva.

Queremos poñer en valor todas e cada unha das iniciativas que contribúen ó fortalecemento da sociedade, animando á presentación de fórmulas innovadoras na xestión socio-comunitaria.

Queremos recuperar a vida ligada á natureza, ó campo e o rural e a presenza das actividades culturais na vida veciñal.

Queremos contribuír ó desenvolvemento e mellora da calidade de vida na nosa comunidade, sendo creativos e reforzando as redes de colaboración entre veciños, asociacións, administracións, empresas... de cara a aunar os esforzos e ser máis eficientes na nosa tarefa.

Se ti tamén o queres e participas nalgunha asociación que promova encontros de interacción social no territorio Terras do Miño, achéganos información sobre a vosa entidade e os vosos proxectos e estaremos encantados de aportar as nosas forzas.


 



Melloras nos servicios do Albergue mediante apoio obtido do Feder e axuda financiera da Unión Europea para unha instalación solar térmica.

logos INEGA

Proxectos de Equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2016, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020

INSTALACIÓN DA CALDEIRA DE BIOMASA NA ASOCIACIÓN REVOLTA NATURAL

CARTEL INEGA

 



A Rega 23 – Sistallo Cospeito - asociacion@revoltanatural.org - 600 03 49 07 - Contacto - Condicións