Novedades
Un Día Natural en Garabullos
Visitas de achegamento
Visitas Escolares
Cumpreanos Natural
Natureza en Familia

Campamentos e Estadías en Garabullos
Campamentos de verán
Estadías de convivencia

Outras experiencias revoltosas

 Comunidades en transición

É un proxecto nacido no seo da Permacultura, só hai uns cinco anos, como resposta á crise que plantexa o cénit do petróleo e a perigosa dependencia deste fósil que as comunidades desenvolvidas actualmente sofren asó como o cambio climático. A proposta apunta para unha reorganización de abaixo cara arriba, de carácter local, baseada no empoderamento e autosuficiencia das comunidades, que pasa por fortalecer as estruturas locais como familias e o asociacionismo, veciños, pobos, cidade, etc. Así, o eixo principal desta dinámica transformadora é a cooperación social.

Inserimos esta nova experiencia como marco conceptual e filosofía dos campamentos de verán destinado a rapaces e rapazas entre os 5 e os 12 anos e os 12 e os 16 anos. Nestas estancias, nas que se fomenta a creación de grupo e a participación cooperativa, danse unhas condicións ideais para a recreación dunha comunidade en transición. Deste xeito, os/as usuarios/as desenvolven as súas actividades sobre unha organización social baseada en valores de cooperación, sistemas económicos sustentables, producións acordes coas capacidades e posibilidades persoais e do entorno, toma de decisións asamblearias, reparto equitativo dos materiais, así como das diversas tarefas cotiás, establecemento das normas e costumes que rexen a convivencia da comunidade, a resolución de conflitos...

A participación social real na toma de decisións da comunidade é o fundamento para que a comunidade evolucione de cara a conseguir os obxectivos da mesma de xeito eficaz e eficiente. Isto conséguese no intre no que se aprende a relacionarse co medio (natural e humano) de xeito respectuoso e solidario, interiorizando os valores e a responsabilidade moral e social de cada un dos membros desta pequena comunidade e desenvolvendo as virtudes sociais e cívicas que fan posible o traballo en equipo, que é, en último termo, a condición posibilidade de toda transformación social.


 



Melloras nos servicios do Albergue mediante apoio obtido do Feder e axuda financiera da Unión Europea para unha instalación solar térmica.

logos INEGA

Proxectos de Equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2016, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020

INSTALACIÓN DA CALDEIRA DE BIOMASA NA ASOCIACIÓN REVOLTA NATURAL

CARTEL INEGA

 



A Rega 23 – Sistallo Cospeito - asociacion@revoltanatural.org - 600 03 49 07 - Contacto - Condicións